Os enigmas do Sr. Tomoski


 

Os enigmas do Sr. Tomoski son unha serie de preguntas que se lanzarán cada certo tempo, relacionadas con un tema de actualidade.

Lembrade que o curso pasado celebrando o ano da ciencia tratouse o tema do universo.

Nesta páxina irán aparecendo as cuestións que poderedes resolver con axuda da bibliografía e as páxinas web facilitadas polo Sr. Tomoski, ou ben pola vosa conta.

 

As respostas, de momento deberán ser enviadas por "correo postal" á caixa de correos que está na entrada da biblioteca

 

TINTÍN CUMPRE 80 ANOS, E MILÚ TAMÉN

Sabes cal era o nome verdadeiro do creador de Tintin?
Sabes cal foi o título do primeiro album a color de Tintín?
Os personaxes de Hernández e Fernández chámanse en realidade Dupond e Dupont .Os primeiros traductores de Tintín ao castelán quixeron cambiar o nome de Tintín polo de Pepito (agora Pepito para nós significa bocadillo recheo de filete). Por qué cres ti que lle quixeron cambiar de nome a Tintín? Se tiveses que cambiar o nome de Milú, cal elixirías?
www.free-tintin.net/espanol/index.htm

ASTERIX E OBELIX CUMPREN 50 ANOS, IDEAFIX TAMÉN

Sabes de que pais europeo era Albert Uderzo?
Sabes como se chama este personaxe e en que album aparece?
Ideafix é o can de Asterix. Se tiveses que cambiar o nome de Ideafix, cal elixirías?

www.asterix.com/index.html.es

El sitio oficial de Asterix.com